Memorial Andr�s Abanqueiro

Nun fin de semana en que o grande protagonista foi o temporal que dificultou a maioria das probas deportivas, a Agrupación Atlética Viguesa celebrou unha nova edición do Memorial Andrés Abanqueiro. A chuva intensa ó longo de toda a mañá do domingo, acompañada de fortes rachas de vento, restou considerablemente a participación prevista. Ainda así, a proba que tamén supoñia a primera fase do campionato escolar da zona e Vigo, permitiu ver unha boa competición dos atletas das categorias benxamin, alevin, infantil e cadete. Na categoría benxamin os gañadores foron Laura Alonso do Club Atletismo Porriño e Pedro Vázquez do club organizador, o AVA. En alevín, a victoria nas mulleres foi para Sara Lima do Beade mentrás que nos homes o primeiro na liña de meta foi o atleta do Comesaña Noh Pereira. Na categoria infantil os protagonistas foron os atletas do Comesaña. Na proba feminina con unha ampla participación a vencedora foi Berta Valle mentras que en homes venceu o seu compañeiro de equipo Daniel Santamarina. Nos cadetes doblete tambén, esta vez para os atletas da Sociedade Atlética do Val Miñor.Laura Soto foi clara vencedora na proba feminina mentras que na masculina a victoria foi un pouco mais axustada para Lorenzo González. Foi pois unha xornada de campo a través como as de antes en que poidemos disfrutar de un bom ambiente e entusiasmo por parte dos atletas e clubes que están traballando na base

Compartir: