Resultados

Eva Costas e Pablo Denis, minimas para o nacional promesa A lanzadora viguesa volve con forza e asina unha boa actuacion

Bo comezo de tempada para os atletas desprazados á primeira das Xornadas de Lançamentos en Vilanova de Cerveira, nunha tarde que comezou sen chuvia e boa temperatura, pero que empeorou con fortes ballóns arruinando as probas de disco e xavelina. Unha vintena de atletas de Vigo competiron neste evento, e o martelo absoluto masculino tivo cor exclusivamente galega.
Os dous lanzadores que obtiveron mellores resultados foron Eva Costas (Feminino Celta) e Pablo Denís (A.D.Marathon), ambos os dous discípulos de José Manuel Hermida, xa que realizaron as marcas mínimas para o Campionato promesa, e quedaron a escasa distancia das absolutas.
Eva Costas volve tras un par de tempadas apartada do atletismo, demostrando a súa calidade, referendada pola ducia de metais nacionais que xa posúe. Lanzou o peso de 4 kg a 12.57 m, preto deses 13 m que necesita para o campionato absoluto en pista cuberta. A viguesa é firme candidata ao podio na súa categoría este inverno. En lanzamento de disco tivo que conformarse cun mellor intento de 36 m, nunha proba moi condicionada pola meteoroloxía.
Pablo Denís enviou o martelo de 7.260 kg a unha distancia de 59.30 m, a moi pouco dos 51.50 m da mínima absoluta, moi bo rexistro para este comezo de tempada. Nesta ocasión, o martillista Isaac Vicente só realizou un adestramento, nas propias instalacións de Lovelhe, deixando a competición para xaneiro.

Flor Currás

Compartir: