O lema cuntiense de: “Lume a tope” sonou con forza nas pistas deGuadix (Granada ) con motivo do “2º Campionato de España de Promociónde Marcha Atlética”, os cuntienses estiveron sensacionáis, asi nafinal cadete Carmen Escariz Mella proclamouse campioa nacional en 3 km cun sobresaínte crono persoal de 14’09” ( nova millor marca cadetegalega ), pola súa parte a debutante como cadete Antia Chamosa Dacasa brilou de forma estelar ao ser subcampiona nacional con impresionante crono de 14’10”, tanto Carmen coma Antia propiciaron unha ultima voltade infarto e as súas marcas facia moitos anos que non se vian nun nacional (dende a época da medallista olímpica María Vasco ). Outroque estivo fantástico foi Brais Prieto Espiño que no seu debut nos 5km cadete logrou a medalla de bronce con gran crono de 25’57”, Braisdeparounos outra proba espectacular.Daniel Chamosa rozou o podiun ao ser cuarto nos 5 km. Xuvenil, (unforte flato prívoulle de loitar polo bronce) e na mesma distancia Carmen Fuentes asinou un notable sexto posto con mellor crono persoal de 26’14”, ambos os dous militan no Comesaña S.C. e debutaban na categoria. Sinalar que o atleta balear Marc Tur Pico, do Sociedade Gimnástica de Pontevedra con un tempo de 20’33” logrou a medalla de prata na proba Júnior de 5 Km. Xa no “27º GP de Marcha Atlética de Guadix” brilou Roberto Vieiro aoser gañador en 3 km infantil con 15’10”.Tamen sobre 3 km. segunda Noa Ramírez con notables 17’22” e septima Iria Rivas con 18’41”, un bon papel para as noveis Paula Villaverde 13ª, (20’04”) e SidnneyHernández 14ª,(20’06”) Ismail Laaribi 9º (31’31”) sendo o único cadete nos 5 km. E 2º xuvenil Débora Pato en 3 km. con mellor marca de 16’40”, e terceira Elena Fraguas, decir que nesta proba foron 5ª e 6ªna clasificación absoluta da mesma. Sinalar que todos se forman na Escola Cuntiense e na Escola FGA de Marcha Atlética.¡¡Noraboa a seu responsable técnico José Antonio Pardal Baños!! Resultados