O ex atleta e fotógrafo Niti acaba de realizar unha nova exposición fotográfica sobre atletismo, concretamente sobre a temática de campo a trav.es
Unha excelente exposición fotográfica que inicia a súa andadura mañán martes na Biblioteca Pública Ánxel Casal (Av. Xoan XIII) en Santiago de Compostela e que permanecerá alí até final de ano. O seu título é CAMPO A TRAVÉS. A exposición continuará despois o seu percorrido polos Centros Socioculturais compostelanos de O Ensanche, Fontiñas e Vite; estará pois en ruta até finais de febreiro. O autor convida a todos os atletas galegos a disfrutar destas excelentes fotografías que traeran moitos recordos a moitos dos atletas galegos. A reproducción dixital das fotografías poden consultarse no seguinte link no álbum Campo a Través: www.flickr.com/people/nitilainho/