O Campionato Galego de marcha deu nas pistas Universitarias de Santiago o pistoletazo de saída á tempada 2012/2013 en canto a Campionatos Autonómicos. Co recordo do sensacional papel desenvuelto pola selección galega no Campionato de España de marcha en ruta celebrado en Pontevedra no que se lograban oito medallas, catro por equipos e catro a nivel individual por Mar Chillón, Rocio Carbia, Carmen Escariz e Daniel Chamosa, a mañá do sábado dábanos a oportunidade de reiterarnos no excepcional nivel que atravesa a marcha en Galicia froito do traballo que se está a realizar dende hai anos.
A primeira toma de contacto co tartán deixounos a sensación de que os máis pequenos se enganchan cada vez máis a esta disciplina en boa medida polo traballo realizado nos clubs como é o caso do Atletismo Vila de Cangas, Club Atletismo Sada e o Club atletismo Cuntis entre outros.
A primeira carreira en disputarse foi o kilómetro en categoría benxamín na que Teo Iglesias que posúe o record galego da categoría lograría a vitoria, nos 2 km marcha sería a súa compañeira de equipo, do Atletismo Vila de Cangas, Ana Piñeiro quen vencería na proba feminina e Tomás López do Atletismo Sada na masculina.Nas dúas carreiras de 3 km en categoría infantil e cadete, o guion foi similar xa que en mulleres as dúas protagonistas serian Carmen Escariz e Antía Chamosa mentres que en homes o duelo foi entre Roberto Vieiro e Brais Prieto. As dúas atletas do Club Atletismo Cuntis lograban marca persoal sendo vencedora con 14.39.36 Carmen Escariz atleta da categoría cadete mentres que a primeira atleta infantil sería Noa Ramirez. En canto á prueba masculina Roberto Vieiro, que o ano pasado en categoría alevín lograba o record galego en 2 km tanto en pista coma en ruta, inicia a tempada cun novo título sendo o vencedor da proba con 15.02.89, segundo sería Brais Prieto atleta cadete con 15.48.81.
Na proba dos 5 km marcha femininos competían atletas xuvenís, juniors, promesas, sénior e veteranas, coa ausencia dalgunhas das nosasmellores marchadoras a vitoria foi para Carmen Fuentes do
Comesaña Sporting Club que lograba marca persoal con 26.19.44 e a pesar da súa xuventude, atleta xuvenil, lograba vencer por diante de atletas destacadas como Rocio Carbia. Nesta proba destacamos á
atleta veterana Pilar Iglesias que foi terceira así como María Abeledo que lograba o cuarto posto sendo subcampiona galega xuvenil.
Ás 12.45 dábase a saída á proba masculina na que houbo un claro protagonista, Francisco José Duran, que a pesar de encontrarnos a principio de tempada lograba marca persoal cun tempo excepcional de
21.36.53 o que augura que este ano poida estar entre os mellores atletas promesas a nivel nacional. Gran rexistro tamén para o medallista en Campionatos de España Daniel Chamosa que estrea a
categoría xuvenil cun novo titulo de Campión Galego así como con marca persoal na distancia 23.09.72, terceiro sería outro dos nosos mellores marchadores José Fernández Nieves, este ano no Club ISN
Navarra, con 23.30.30, outros atletas que lograron marca persoal na carreira foron o atleta veterano Manuel Julio Angueira e Marcos Cintrón que seria segundo atleta xuvenil.
Primeiro Campionato Galego da tempada na que se puido ver algúns atletas nun sorprendente estado de forma e ao mesmo tempo confiar en que nesta nova tempada Galicia volverá estar entre as mellores Comunidades a nivel nacional nas probas de marcha atlética.
Fotos : Luis Sueiro