O Club decano de Galicia o Comesaña Sporting Club de Vigo,organiza este
domingo o Memorial Belarmino Alonso de cross, volverá ser a referencia atlética galega neste inicio de tempada de campo a través e contará cunha inscrición “de nivel para unha proba de excelencia”,
segundo explicou onte o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, durante a presentación da carreira.
A edición número 34 deste memorial, reservado para atletas federados, mellora en participación de calidade, sinalou Belarmino Alonso fillo, presidente do Comesaña Sporting Club, entidade
organizadora da proba
Entre os participantes destacan Carlos Costa (Beneventense, Portugal) -campión en 2010-, Alejandro Fernández (New Balance Team) -gañador de moitas probas populares en ruta este ano-, así como Lolo
Penas (NBT.), Manuel Hurtado (NBT), Hassan Lekhili (Alejandro Gómez-Acade), Akka Essaadaoui, (Comesaña S.C.) Iván Docampo, (Sociedade Ximnástica de Pontevedra) Elías Salvador Domínguez, (NBT) e
Rubén Díz Díaz, (SGP).
En canto á representación feminina, destacan Paula Mayobre, (Bikila) María Jesús Gestido, (Independente) Leticia Fernández, (Ría Ferrol) Soidade Castro e Sara Pérez, (Comesaña S.C.).
Co patrocinio do Concello e a Deputación, a proba, que comezará ás 10:30 horas no circuíto da Xunqueira, gaña de novo o seu status de “cross con soleira”, dixo Eleuterio García, en representación
da delegación viguesa da Federación Galega de Atletismo, dentro do reducido calendario desta modalidade en Galicia.
O concelleiro de Deportes subliñou que o atletismo “é unha das referencias do deporte local” e que conta co apoio do concello, á vez que manifestou que o Memorial Belarmino Alonso “vai tendo cada
vez maior volume de participación e de expectativas”. Entre 500 e 600 atletas poden reunirse este domingo no circuíto anexo ao campo de fútbol da Xunqueira, que é o sexto trazado do memorial dende
que en 1978 se celebrou en Castrelos.
O evento está dotado con 2.820 euros en premios para os cinco primeiros clasificados na categoría absoluta (600 para o campión masculino e a mesma cantidade para a gañadora feminina). Mais información
Faro de Vigo