Boa actuación das atletas galegas na XIX edición de Campo a Través de Soria. A millor na liña de meta foi a atleta do Val Miñor Jenny Fernández na terceira posición na categoría junior. Nesta mesma categoría Carlos Porto do Real Club Celta acadou o posto número 12. Na proba conxunta feminina a céltica Esther Navarrete foi a 15, demostrando o seu bo estado de forma. Nesta mesma carreira Leticia Fernández, agora no Ria Ferrol, foi a 7ª promesa. Na proba senior o primeiro galego foi Pedro Nimo no posto 26.