Un ano máis os concellos de Ares e Mugardos volcaranse co atletismo a través da organización da Carreira de Fin de Ano Ares-Mugardos-Ares. A proba que ten caracter participativo mais que competitivo pretende acadar a cifra de 500 participantes, fomentando así a práctica do atletismo como un estilo de vida saudable. En breve estará dispoñible a plataforma de inscrición online a través desta mesma páxina web. Mais información