XXXVI Carreira Pedestre Popular San Marti�o

Coas rúas cheas de público, celebrou-se un ano mais a Carreira Pedestre Popular San Martiño. Son xa 36 edicións de unha das probas en ruta con mais tradición no noso calendario. As 11 da manhá na Ponte do Milenium daba-se a salida da proba dos adultos. Dende o inicio os grandes favoritos marcaban o ritmo. O atleta do New Balance Alejandro Fernández comentaba nos días anteriores que a sua estratexia pasaba por tirar forte desde os primeiros kilómetros para evitar chegar aos ultimos metros con o atleta de Arzúa Lolo Penas, que lle vencera desta forma hai unhas semanas na Carreira Popular de Santiago. Xa polo paso do control, entre o kilómetro 5 e 6, Alejandro marcaba unha diferencia de mais de 15 segundos sobre o seu compañeiro de equipo Manuel Hurtado e Lolo Penas. Na liña de meta, situada nos Remedios, Alejandro foi o único en baixar dos 30 minutos con un tempo de 29:49. Por detrás Manuel Hurtado superaba tamén a Lolo Penas con un tempo de 30.13 e 30.37, respectivamente. Nas mulleres, claro color portugues sendo a primeira Sara Pinho con 34.22 seguida de Rafaela Almeida con 35.11. Na terceira posición entraría a atleta do Caja Rural Atlético Salamanca Gema Martin con un tempo de 35.31. A primeira galega foi Mª Jesús Gestido na cuarta posición con 35.47.
As 12:30 deu-se a saída da proba escolar con unha altisima participación sobre unha distancia de 4500m. A categoría mais disputada foi a dos xuvenis gañando Agustin González do Adas por escaso marxe a Adrián Lago do Comesaña e Brais Gómez da Sociedade Atlética Val Miñor. Nas mulleres clara victoria da atleta do Atletismo Tui-Termalia Uxía Pérez. Xa na categoría cadete victoria para Adrián Ben do Lucus Caixa Rural e Iria Rodríguez do Atletismo Porriño.
Foto: La región

Compartir: