A campeona do mundo junior en triplo salto Ana Peleteiro é unha das abanderadas da candidatura olímpica e paralímpica de Madrid 2020. Co slogan “Unidos por un sueño” a atleta do Barbanza é unha das 20 deportistas que representan o futuro do deporte español e que a bon seguro será unha das grandes protagonistas dos Xogos Olímpicos do ano 2020.