Resultados

Dous programas de TV que non te podes perder:

Este sábado e domingo dous importantes programas da TVG2 emitirán unha reportaxe extensa sobre a Liga Escolar de Atletismo. Ademais dos contidos atléticos abordados no programa “Citius, Altius, Fortius” producido pola FGA, o programa Cancha Junior emitirá tamén a súa reportaxe sobre a competición de cativos que tivo lugar o pasado sábado nas pistas de atletismo de Riazor. Non te perdas ambolos dous programas o sábado a partir das 19:37 horas e o domingo a partir das 21:30 horas na TVG2. (Ver programación)

Compartir: