Resultados

I Liga Escolar Federada en Pista Cuberta

Entre grande nervios xa que para moitos dos atletas supoñia o seu primer contacto con a competición, o Palacio dos Deportes da Coruña acolleu a un grande número de participantes que disputaron a primeira fase da I Liga Escolar Federada en Pista Cuberta. As probas disputadas foron os 500m, 1000 e altura nas categorías benxamin, alevin e infantil. A dous atletas por proba e con alguns atletas fora do concurso a participación foi masiva tendo que realizarse varias series en cada unha das probas e preparar dous conxuntos de altura en simultáneo. Nos 500m benxamin os vencedores foron Jacobo Díaz do San Narciso con 1.49.8 e Raquel Lastra de Franciscanos con 1.51.9. Na categoria alevin os claros dominadores nos 500m foron os atletas do Vila de Cangas, vencendo Antón Iglesias e Ariadna Gil con 1.37.6 e 1.36.1 respectivamente. Na mesma distancia e na categoria infantil venceu o atleta local do Coruña Comarca David López con 1.28.8 e Irene Mera do Atletismo Narón con 1.30.3. Nos 1000m, Denis Fernández do Vila de Cangas con 3.54.7 e Claudia Corujo de Franciscanos con 4.12.2 foron os primeiros en pasar a liña de meta. Clara tamén a victoria dos atletas dos Franciscanos de Lugo na categoria alevin. Hugo Martínez con 3.31.4 e Lucía Varela con 3.53.2 foron os vencedores.Os concursos de atlura levantaron grande expectación pola igualdade dos atletas e polo elevado número de participantes. Nos benxamins victoria para Jacobo Díaz do San Narciso con 1.16 e Lucía Sánchez dos Franciscanos con 1.00. Igualadisimo o concurso na categoria alevin decantándose a victoria finalmente para David García do San Narciso con 1.05 e Lucía Varela dos Franciscanos con 1.00. Xa nas ultimas probas en disputarse, os vencedores na altura infantil foron Nicolás Fernández do Cuntis con 1.35 e Nerea Perello da Agrupación Viguesa de Atletismo con 1.40. A próxima xornada disputara-se en Ourense o día 1 de Decembro o resto de probas. Resultados

Fotos: Gentileza de Matias Gutierrez

Compartir: