Resultados

Presentada oficialmente a XXXIII Carreira Popular de Negreira. Unha proba de calendario nacional

O pasado venres 19 de outubro presentouse e abriuse o prazo para participar na XXXIII edición da Carreira Popular de Negreira que se vai celebrar o domingo, día 11 de novembro, que este ano 2012 vai a ser a única proba urbana de 10 quilómetros en Galicia inscrita no Calendario Nacional da RFEA, polo que cobra máis relevancia se cabe a súa celebración, agardándose un dos mellores espectáculos do atletismo galego e español, contando cos mellores corredores do panorama nacional e internacional.
No acto de presentación participaron o primeiro tenente de alcalde de Negreira, Juan Rey Maceira, mailo concelleiro de Deportes, Manuel Hombre Porto, quenes salientaron o importante esforzo económico para manter os premios en metálico, subíndose a cuantía para os tres mellores atletas locais en masculino e feminino, e ampliounos cun novo incentivo para os centros escolares da nosa comunidade, cunha aportación de 400 euros en material escolar, para o colexio que participe cun maior número de atletas inscritos.
Entre as principais novidades que presenta esta trixésimo terceira edición da Carreira Popular de Negreira está unha nova zona para a entrega inicial de dorsais, e o acto final de entrega de premios, que será nas instalacións do patio exterior do Colexio do Coto, e polo que a liña de saída e meta na rúa de Castelao, adiántase uns metros con respeto ás edicións anteriores.
O concelleiro de Deportes, Manuel Hombre Porto, quiso agradecer a colaboración un ano máis coa Carreira Popular de Negreira, de firmas comerciais como Begano S.A. (Coca Cola); a marca deportiva Asiccs; ou institucións como a Deputación de A Coruña, ou a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia., así como o pequeno comercio de Negreira.
Toda a información podese consultar na web: www.concellodenegreira.es

Compartir: