O presidente da FGA, D. Isidoro Hornillos Baz será galardoado este venres ca máxima premiación dos III Premios Galicia á Xestión Deportiva. O evento organizado pola Asociación Galega de Xestores Deportivos en colaboración con destacadas institucións e empresas premiará a distintas persoas e entidades, outorgando nesta edición do 2012 a máxima distinción Premio ao Mellor Xestor Deportivo a Isidoro Hornillos. A súa traxectoria na xestión deportiva e as boas prácticas foron algúns dos motivos polos que o xurado composto por profesionais da xestión deportiva e personalidades elexiron ao presidente da FGA como merecedor deste premio. Impulsor e creador do primer programa de Televisión adicado ao atletismo de carácter semanal e emitido nunha canle autonómica “Citius, Altius, Fortius”, creador do Plan Galego de Tecnificación, primer presidente en solicitar unha auditoría voluntaria para a Federación cando ainda non eran obrigatorias, promotor de distintos programas de axudas a núcleos, atletas veteráns, atletas de élite, atletas escolares, recoñecementos médicos, xestor dunha das webs máis actualizadas do deporte galego, con noticias diarias e con publicación delas a distintas horas do día, etc. O acto terá lugar este venres ás 20:00 horas no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Dende a FGA sentímosnos orgullosos desta premiación e desexamos compartir esta ledicia con todos os estamentos atléticos: clubes, xuices, atletas e adestradores.Noraboa Isidoro! Máis información en www.agaxede.org