I Carrera Los Rosales

A primeira das probas do Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre que foi presentado nos días previos polo Concelleiro de Educación, Deporte e Xuventude, Francisco Mourelo celebrouse na tarde de onte organizado pola Asociaciónn de Vecinos e o Club Coruña Comarca. Excelente resposta por parte dos afeccionados ao deporte, veciños da zona e moi boa organización no desenrolo das carreiras. O día invitaba a práctica do deporte e coa intención de fomentar éste levouse a cabo a primeira das 6 probas que vanse celebrar dende outubro ata mediados de agosto en Barrios da Cidade Herculina. Preto de 800 atletas achegáronse a Praza Eliptica do Barrio dos Rosales onde se daría a saída as diferentes carreiras, previamente no centro cívico recollerían os dorsais asignados. Ás catro da tarde e cun sol radiante eran os máis pequenos, os da categoría de pitufos quenes dispoñíanse a correr os 100 metros de que constaba a súa carreira. A continuación celebraríanse as probas de benxamines, alevíns, infantís e cadetes. Os vencedores na proba benxamín foron Miguel Fernández e Judith Lago, en alevíns dous atletas de clubs locais, Iago Jopia do Club Riazor Coruña e Lucia Seoane do Atletismo Coruña Cormarca.
As atletas da categoría infantil e cadete tiñan que percorrerunha distancia de 1000 metros, a vencedora cunha ventaxa de 3 segundos sobre a súa perseguidora foi Lucia Súarez atleta do Club Atletismo Negreira en dura loita ata o final con Paula Iglesias, en categoría infantil vencería Claudia Fernández Couto, atleta do Universidade de Santiago afeita a subir a o podio en case todas as probas nas que participa. En categoría xuvenil a vencedora foi Andrea Martínez do Atletismo Coruña Comarca, Club organizador. En canto á proba masculina competiría de forma conxunta atletas cadetes e infantis sobre unha distancia de 1500 metros, o vencedor en categoría cadete seria Manuel Varela mentres que en categoría infantil seria o atleta do Club Atletismo Sada, Diego Miguez.

A proba absoluta disputouse ás 17.30 da tarde cun circuíto duro de algo menos de 7 quilómetros con subas importantes que fixeron os atletas esixirse ao máximo. Un dos favoritos, Manuel Oliver “Manute” sufriu un contratempo que lle impediu, como nos ten afeitos, pelexarpola vitoria final. Os vencedores da proba, ambos os dous do Club Coruña Comarca, foron Javier Touriscun tempo de 21.45 e Teresa Corral con 27.05. En homes a loita foi máis axustada xa que o trialeta Miguel Angel Acosta loitou ata os últimos metros por vencer na proba, entrando en meta a só cinco segundos de Javier Touris. En mulleres segundo posto para Priscila Suarez e terceiro posto da xeral para Eusebia Maldonado.

Compartir: