Este venres iniciase o Curso de Monitor Nacional de Atletismo

Perto de 30 alumnos iniciarán este venres as clases do Curso de Monitor Nacional de Atletismo. O curso terá lugar na Coruña e desenvolverase ao longo de 9 fins de semana, alternando docencia teórica con clases prácticas impartidas por recoñecidos adestradores galegos. Neste curso incídese na metodoloxía do adestramento, na fisioloxía e anatomía, na vertente psicolóxica, na técnica das distintas modalidades atléticas, e a organización e xestións de escolas deportivas, entre outros interesantes temas. A inauguración está prevista para este venres ás 16:00 horas e terá lugar no Salón de Actos da Delegación Provincial da Secretaria Xeral para o Deporte na Coruña, nas instalacións da Federación Galega de Atletismo. O acto será presidido polo presidente da FGA e posteriormente os alumnos iniciarán as súas aulas ca materia de fundamentos biolóxicos. Todos os alumnos recibirán ademais da documentación do curso un pequeno agasallo de Sportis. Formación Deportiva, entidade colaboradora (www.sportis.es) .

Compartir: