Novo encontro da Escola Naval Militar ca Federaci�n Galega de Atletismo

O vindeiro día 9 de novembro terá lugar un novo encontro da selección da Escola Naval Militar cun combinado galego. A competición que xa forma parte da historia do atletismo galego é un gran atractivo e unha experiencia única para os atletas federados e os militantes da Escola Naval. Nesta ocasión disputaranse as probas de 100, 200, 400, 800 e 1500 ml ademais dos relevos 4×100 e 4×400, salto de altura, lonxitude e lanzamento de peso. A proba terá lugar nas pistas de atletismo da Escola Naval sita en Marín e está aberta a todos os atletas galegos que desexen formar parte do combinado galego. Os interesados poden solicitar a súa participación no email secgeneral@fgatletismo sinalando a proba na que lle gustaría participar e comprometéndose a achegarse ás instalacións da Escola Naval pola súa conta e dentro do horario previsto de competición reflexado na Circular 61-2012. (Click Aqui)

Compartir: