Resultados

Monforte acolleu unha importante xornada técnica organizada polo Atletismo A Gándara

O pasado sábado celebrouse en Monforte a Xornada Técnica do club A Gándara de Monforte, que correu a cargo do responsable de saltos da FGA, D. Santiago Ferrer Moreira. Nesta incidíronse en aspectos básicos a traballar coas categorías de menores a principio de tempada nas disciplinas de velocidade,salto de altura e lanzamentos de peso e xavelina. Á devandita concentración acudiron representantes dos clubs Ourense Atletismo Academia Postal e A.D. Limiactiva de Xinzo de Limia. A xornada, que se desenvolveu en sesión de mañá e tarde, foi moi aproveitada e satisfactoria tanto polos atletas do club monfortino coma polos adestradores que acudiron á concentración. Noraboa a este club monfortino pola organización destas xornadas técnicas!

Compartir: