Resultados

O CIRCUÍTO DE CARREIRAS SAUDABLES CORRESAN CELEBRA A SÚA ULTIMA PROBA NA CIDADE DA CULTURA

O domingo 14 de outubro celébrase a 4ª e definitiva proba do circuíto de carreiras saudables CorreSan. Este circuíto comezou alá polo 23 de xuño no Campus Sur, e tivo a súa 2ª e 3ª proba no casco histórico de Santiago de Compostela e no Centro Comercial Compostela respectivamente.
Agora toca o seu fin e será de forma espectacular cunha proba absoluta que sairá, por primeira vez, da Cidade da Cultura e concluirá no Estadio Multiúsos de San Lázaro.
Os máis de 700 atletas que participaron entre todas as probas do circuíto máis os inscrito nesta derradeira proba, poderán gozar deste espectáculo, o cal partirá ás 10.30 horas da Cidade da Cultura coa saída da proba de adultos, e concluirá ás 11.30 coa proba de escolares que partirá e concluirá no Estadio Multiúsos de San Lázaro.
Unha vez conclúan estas probas realizaranse unha proba das categorías prebenxamín e benxamín con inscrición o día da proba en homenaxe ao 75 aniversario da Victoria Club de Fútbol e unha gran festa con inchables onde se repartirán os premios do circuíto de todas as categorías e clubs premiados participantes.
Como é habitual, as inscricións da carreira de adultos poderase realizar na planta de deportes do Centro Comercial Compostela con prazo ata o mércores 10 de outubro ás 21 horas. Tamén se poderán realizar a través da web www.championchipnorte.com. As categorías escolares cría, infantil e cadete poderán remitir as súas inscricións ao correo electrónico inscricionsFGAsantiago@gmail.com ou a través das webs www.atletismogalego.org e www.fgatletismo.es/santiago. Tamén as poderán realizar na planta de deportes do Centro Comercial Compostela nos horarios indicados arriba.
Espéranse máis de 500 participantes entre escolares e adultos nesta última proba do circuíto organizada polo Departamento de Deportes do Concello de Santiago e baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo.”
REGULAMENTO-CIRCUITO

Compartir: