Aberto o prazo para solicitar Campionatos Galegos para a tempada 2012/13

A FGA abriu hoxe o prazo para presentar solicitudes por parte de concellos, clubes, asociacións, empresas privadas, etc. para a organización dos perto de 50 campionatos Galegos que se disputan anualmente. O prazo de solicitudes rematará o día 10 de outubro, posteriormente será a Xunta Directiva e Comisión Delegada quen aprobe finalmente as solicitudes recibidas e quen resolva en caso de existir mais de unha solicitude para un campionato. Máis información na Circular 58-2012

Convocatoria de Xunta Directiva e Comisión Delegada

O vindeiro sábado día 13 de outubro terá lugar en Vigo unha nova xuntanza dos membros da Xunta Directiva e Comisión Delegada. Nesta xuntanza aprobarase o calendario de competición da tempada 2012/13, homologaranse os records batidos ata a data, farase un informe da situación económica da federación así como un informe do presidente recollendo todas as xestións feitas ata a data e nas que se está traballando.

Compartir: