O que foi Delegado da FGA en Vigo, Eleuterio Garcia, foi
homenaxeado no dia de hoxe por todos os estamentos de atletismo galego.
No hotel Coya de Vigo celebrouse a homenaxe a Eleuterio García, onde se deron cita numerosas persoas do mundo do atletismo galego, entre os que se encontraban o actual presidente da FGA, Isidoro
Hornillos, asi como todos os delegados das delegacións da Federación, xuíces, representantes de clubs e amigos.
Abriu o acto Alfonso Posada, destacando o labor de “Lute” á fronte da delegación durante moitos anos, e citando a todas as persoas que por diversos motivos non puideron estar presentes
Nun ambiente alegre e cordial, “Lute” pechou o acto agradecendo a todos os presentes, as numerosas mostra de cariño cara á súa persoa.
Dende a FGA, agradecemos a súa dedicación ao noso deporte Enhorabuena¡