Tras ser informada esta federación dun erro por parte dos organizadores da Carreira Pedestre de Campañó, no que indican que a súa carreira seguirá o regulamento da FGA. Esta federación desexa manifestar públicamente que esta carreira non cumpre os requisitos esixidos por esta federación para a súa inclusión no Calendario Oficial da FGA, polo que non contará co control técnico de xuices nin tampouco poderán participar atletas becados por esta federación, xa que perderán o dereito a súa axuda económica, por participar nunha proba non incluida no calendario FGA.