A FGA anima a todos os organizadores de carreiras populares a cumprir a normativa vixente

Cada vez son mais os concellos que se suman á promoción do atletismo a través da organización dunha carreira popular. Pero en moitas ocasións descoñecen distintas normativas sobre o uso da vía pública para probas deportivas que son de obrigado cumprimento, pois o descoñecemento da lei poderá ocasionar problemas para o Comité Organizador do evento.

A FGA ten publicado dende fai anos unha normativa, que dignificará e aumentará a calidade das carreiras populares. Ademais esta normativa ten carácter informativo para todas as persoas que desexen organizar unha carreira na súa localidade. O máis salientable é a obrigatoriedade de contratar un seguro de accidentes deportivos para os atletas populares, a presenza dun número determinado de ambulancias en función do número de participantes, a obrigatoriedade do corte de tráfico, ademais do seguro de responsabilide civil. Salientar tamén que dende principios deste ano a FGA dispón dun sistema de chips propio, poidendo disfrutar deste servicio a precios moi económicos todos os organizadores que inclúan o seu evento no calendario FGA, ademais o organizador obterá as seguintes vantaxes:

Publicación dunha noticia na páxina central da nosa web.

Publicación dos resultados na nosa web.

– Envio por email da información da vosa carreira a nosa base de datos de clubes e adestradores.

– Posibilidade de crear unha plataforma de inscrición online totalmente gratuita na nosa web, facilitando así a inscricións dos atletas de toda Galicia.

– Posibilidade ter crear unha pasarela de pago, no caso de que a inscrición na vosa carreira teña un costo para os participantes.

– Posibilidade de publicar unha pequena reportaxe no noso programa de Televisión emitido as fins de semana na TVG2.

– Opción de acollerse ao abono da oferta no seguro de accidentes deportivos que é obrigatorio por lei, A FGA ten un convenio con Mapfre custando este seguro soamente 1 euro por participante popular (os federados xa teñen un seguro propio).

– Opción de acollerse aos servicios especiais que esta federación ten para os organizadores de carreiras populares: sistema de chips moi económico, arcos de meta gratuitos, reloxo de meta gratuito, carpas, etc.

– Posibilidade de participación de atletas destacados galegos que teñen beca e que actualmente a normativa non lles permite participar nas carreiras populares que non estén incluidas no calendario FGA.

Por todo iso, animamos a todos os organizadores de carreiras a consultar a normativa de organización de carreiras populares e sumarse ás perto de 100 carreiras por ano que están no calendario autonómico. (Normativa Carreras Populares) (Servicios e chips FGA)

Compartir: