Resultados

Rafael Fuentes e Yolanda Gutierrez: Campions Galegos de Media Maraton

Nun circuito interurbano polos concellos de Petín, A Rúa e Villamartín de Valdeorras celebrouse o Campionato Galego de Media Maratón. As altas temperaturas e a dureza do recorrido fixo que desde os primeiros kilómetros da carreira definiránse xa as posicións finais.

O Campión galego de este ano foi o atleta da Ginnástica de Pontevedra Rafael Fuentes con un rexistro de 1.15.53 seguido de Manuel Oliver do Coruña Comarca e Miguel Fernández do Real Club Celta. Este ultimo foi o campeón galego en veteráns M50. Nas mulleres a campeona galega foi Yolanda Gutierrez do Comesaña con 1.20.53 e quarta na xeneral seguida de Sonia Teijeiro do Club Veteráns Pabellón de Ourense e Teresa Corral do Coruña Comarca. Estas duas atletas foron as campeonas galegas tamén na sua categoria.

Na categoria junior o campión galego foi Francisco Nuñez do Ourense Academia Postal. Nos veteráns na categoria de 35 o campión galego foi o atleta do Coruña Comarca Javier Tourís mentras que na de 45 foi o atleta de A Silva Pedro Alén. Na categoria de 50 a campeona galega foi a atleta do ADAS Aurora García. Nas categorias de M55, M60 e M70 os novos campións galegos foron Félix Sotelo do Veteráns Pabellón de Ourense, José Matias Regueira do Barbanza e Manuel García do ADAS, respectivamente. Resultados

Compartir: