O atleta de Pontecaldelas, dez veces Campión de España e Record
Nacional Absoluto de Lanzamento de xavelina, recibiu unha oferta para adestrar a xóvenes lanzadores de xavelina nada menos que en Veracruz (México).
Todo comezou cando un atleta mexicano veu a adestrar a Pontevedra, no Núcleo de Tecnificación que dirixe Javier López Viñas. Os adestramentos compartidos con Gustavo Dacal, atraíro a outros atletas
e de ahí saliu o Campeón Nacional de México. Os resultados e o bo facer facilitaron unha proposta moi interesante para traballar dous anos co equipo mexicano.
Esta tempada, tanto Viñas como Gustavo intentaron chegar aún mais alto, un erro de planificación quitoulle a posibilidade de ir a Londres, e mais tarde, un golpe nun tobillo cunha bola lanzada por
un compañeiro deixolle sen posibilidades de ir ao Nacional. Despois disto a idea era aproveitar a experiencia de Gustavo con xóvenes lanzadores en Pontevedra, compaxinando cunha actividade laboral
que lle dese estabilidade. A dificultade para atopar quen apoie unha idea así, o a de que ninguen es profeta na súa terra, lle animaron a tomar unha decisión dura pero necesaria,e que afronta con
ilusión.
Esta nova etapa da súa vida seguro que lle aportará máis éxitos atléticos e mellores recompensas persoais.
Así pois, dende a FGA desexámoslle o mellor nesta nova iniciativa e que este gran atleta galego triunfe mais alá das nosas fronteiras.