XXVI MILLA URBANA FESTAS DOMINGO CRISTO 2012 OU BARCO- CAMPIONATO DE ESPAÑA DE MILLA URBANA

O club Adas-Proinor do Barco (OURENSE), e a Federación Galega de Atletismo coa colaboración do Concello do Barco de Valdeorras organizan a XXVI Milla Urbana Festas do Cristo 2012, de categoría nacional, que se desenvolverá o próximo día 16 de setembro a partir das 18:00 h. no circuíto do Paseo do Dique do Barco.
CIRCUÍTO:
O circuíto consta dunha recta de 266 mts. , á que deberán dar un percorrido de ida e de volta, debendo dar 1, 2, ou 3 voltas completas a este, en función das idades dos participantes en circuíto homologado pola R.F.E.A. sitúase en Paseo do Dique do Barco De Valdeorras.
INSCRICIÓNS:
As inscricións deberán estar en poder da organización antes do día 13 de Setembro de 2012.
Estas inscricións realizásense a través da plataforma de inscrición da páxina web da Delegación Valdeorresa de Atletismo. (http://www.fgatletismo.es/valdeorras/)
A inscrición dos atletas da bisbarra de Valdeorras poderanse facer ata 1 hora antes do comezo da súa proba.
As inscripicones para os campionatos de España de Milla (veteranos e absolutos) realizásense a través do intranet da RFEA.Máis información

Compartir: