Resultados

Oza recupera a sua a clasica carreira popular ca celebracion da Carreira Volta a Oza o 19 de agosto

Boas noticias para os clásicos do atletismo coruñés, con motivo do centenario da fusión do Concello de Oza e o Concello da Coruña, a Asociación de Veciños Gaiteira-Fátima en colaboración co Concello da Coruña e outras institucións e baixo o control técnico da FGA, organizan a Carreira Popular Volta a Oza, que terá lugar o día 19 de agosto. A proba discurrirá por un percorrido de aproximadamente 8 kilómetros, que transcurrirá por distintos puntos da cidade: ponte pasaxe, os Castros, Monelos, Avd. Pedralonga, entre outros. As inscricións abriranse no día de hoxe e poderán facerse a través da plataforma de inscricións da FGA. Haberá trofeos para os tres primeiros participantes de cada unha das categorías establecidas. O evento estará xestionado polo sistema de chips da FGA. Participa nesta clásica carreira o día 19 de agosto! (Reglamento)

Compartir: