Resultados

Nacen novas Carreiras Populares! Oza, Ortigueira e a A Cañiza serán sede do atletismo popular e federado

O movemento popular continua ca súa expansión e así no vindeiro mes de agosto sumaranse a promoción do atletismo popular e deporte saúde novos concellos galegos, entre eles Ortigueira que acollerá o día 11 de agosto a súa primeira carreira popular. O barrio coruñés de Oza terá tamén su protagonismo ca celebración da I Volta a Oza o vindeiro día 18 de agosto. Ámbalas dúas carreiras serán xestionadas a través do sistema de chips da FGA, sistema que pouco a pouco vaise demandando por parte dos organizadores, debido ao seu baixo coste e alta fiabilidade, aliviando en moito traballo de xestión de resultados para o organizador. E a Cañiza ofreceranos o I Cross Popular do Xamón da Cañiza o vindeiro día 9 de setembro. Dende a FGA desexamos o mellor para os organizadores.

Se eres un organizador e desexas coñecer os servicios que ofrece a FGA para os organizadores de carreiras populares a uns costes moi baixos, envíanos un email a secgeneral@fgatletismo.com solicitando un orzamento para o teu evento.

Compartir: