Resultados

O secretario Xeral para o Deporte recibirá ás tres atletas mundialistas junior: Ana Peleteiro, Belén Toimil e Lidia Parada

O vindeiro xoves día 26 terá lugar na sede da Secretaría Xeral para o Deporte en Santiago de Compostela unha recepción por parte do Secretario Xeral aos atletas galegos que participaron no recente Campionato do Mundo Junior. A esta recepción están convidados tano os atletas, como os adestradores dos mesmos e familiares. O recente éxito da nova estrela do atletismo, Ana Peleteiro, asi o anunciaban distintos medios de comunicación, traspasou as fronteiras da nosa comunidade e os máis importantes medios de comunicación de España e inclusive de nivel internacional fixéronse eco da importante hazaña que acadou a atleta da Agrupación Atlética do Barbanza, un modesto club cos medios xustos para promover o atletismo, pero que sen dúbida os promotores deste club, tanto Abelardo como Pepe Moure están a facer unha importantísima labor dentro do atletismo galego.

Compartir: