Resultados

Boas marcas no GP Ciudad de Vigo

A 33 Edición do Gran Premio Cidade de Vigo era esperada polos atletas galegos, non defraudaron vendo o alto nivel dos atletas inscritos e as numerosas marcas persoais logradas por eles. Sen lugar a dúbidas o protagonista da xornada no Estadio Municipal de Balaidos foi Alejandro Fernández que seguindo o ritmo imposto por Pedro Nimo lograba nos 5000 metros lisos unha marca importante, 13.57.35 vencendo na proba e dando unha demostración de calidade inapelable. Na mesma carreira José Antonio Ramallo e Ivan Docampo, ambos os dous atletas da Sociedad Gimnástica de Pontevedra lograban as súas mellores marcas persoais da tempada con 14.45.69 e 14.48.35. O vento que soprou nas semifinais dos 100 metros lisos deu un respiro á hora da final, consecuencia diso foron as catro mellores marcas persoais para o primeiro e segundo atleta tanto na proba feminina como masculina. Lida Casal con 12.26 vencía na carreira feminina seguida de Laura Chapela con 12.57, en canto aos homes Rodrigo Avellaneda non defraudou no seu duelo con Miguel Gómez correndo en 10.80, pola súa banda o céltico foi segundo con 10.97 por diante de Mauro Triana do Club Coruña Comarca. Nos 400 metros lisos masculinos na primeira serie o vencedor foi Carlos Moro que sen oposición lograba un bo rexistro de 50.95, na segunda das series a vitoria foi para Ruben Fernández do Club Vino Toro e segundo preto da súa mellor marca persoal Juan José del Rio con 50.70. A proba feminina foi un duelo entre as dúas atletas do Club Ria Ferrol Lidia Casal e Candela Diaz, cruzando a meta en primeiro lugar Lidia con 57.15, recordemos que ambas as dúas atletas esta tempada lograron baixar dos 57 segundos. Na proba dos 100 valos Virxinia Villar a punto estivo de mellorar os 13.99 que tiña acreditados desta tempada, logrou a vitoria sen oposición con 14.02.
En canto aos concursos expectación por ver a David Gómez en salto con pértega, Jean Marie Okutu en lonxitude, José Alfonso Palomanes en triplo salto e aos lanzadores Gustavo Dacal, Jose Manuel Vila e Isaac Vicente. David tras o seu intento de mínima olimpica fai unha semana venceu na proba de pértega con 4.41, o duelo dos jabalinistas gañouno Gustavo Dacal preto da súa mellor marca desta tempada con 70.28, Isaac Vicente vencia no martelo con 67.80, Palomanes ao igual que fixo no Campionato Galego Absoluto demostrou que está a un gran nivel saltando 15.51 no triplo salto ao igual que Jean Marie Okutu que vencía en lonxitude con 7.73, neste concurso destacamos os 7 metros logrados por David Ferrer.
Por último os atletas do Comesaña dominaron as dúas probas de 1000 metros lisos, Adrian Lago con 2.39.75 sendo segundo con marca persoal Adrian Ben do Lucus con 2.42.04. Na proba feminina gran carreira de Angela González que lograba á súa mellor marca nesta distancia con 3.00.41 vencendo a Uxia Pérez que este ano xa baixara dos tres minutos.
Gran Premio o visto nas Pistas de Balaidos con moitos dos atletas afinando a súa participación nos Campionatos que quedan por disputarse, o Campionato de España Promesa e o Campionato de España Absoluto.
. Resultados

Compartir: