O luns comezará a concentración de lanzamentos de verán

Este luns e martes realizarase nas pistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva a concentración de lanzamentos, dirixida por Javier López Viñas e Ramón Magariños como adestrador responsable do CGTD. A incorporación dos atletas terá lugar ás 11:00 horas da mañá do luns día 9 e o remate da concentración será o martes ás 18:00 horas. Todos os atletas que teñan un bo rendemento deportivo e desexen participar nesta concentración deberán contactar á maior brevidade posible co responsable Javier López Viñas a través do teléfono 617699769.

Compartir: