Campionato Galego de 5km en ruta I Carreira Popular Deputacion de Pontevedra

O vindeiro domingo 15 de xuño celebrarase, nun circuito urbano homologado póla RFEA, en Vilagarcía de Arousa a Iª edición da Carreira Popular Diputación de Pontevedra conxuntamente co Campionato Galego de 5 Km en ruta.
A Federación Galega de Atletismo a través da súa Delegación en Pontevedra e coa colaboración da Diputación de Pontevedra e do Concello de Vilagarcía de Arousa organizan a I Carreira Popular Diputación de Pontevedra e o Cto. Galego de 5 km em ruta.
A proba desenvolverase ás 11:30 horas, con saída da carreira de 5 kms e chegada ao mesmo lugar da saída. O circuito da carreira será un circuito urbán e chan, os atletas deberán dar duas voltas a un circuito homologado de 2500 metros.
A entrega de prêmios está prevista para ás 12:30 horas.
– Inscricións atletas federados para o Campionato Galego de 5 km ruta: Todolos atletas federados que desexen participar no Campionato Galego de 5 km ruta deberán formalizar a súa inscrición a través do sistema online na web http://www.atletismogalego.com/fga/xestor/ con data límite ata o martes día 10 de xullo ás 23:00 horas. Non se aceptarán inscricións fóra de prazo, con datos incompletos ou sin todolos datos obrigatorios,
– Inscricións atletas populares da proba popular absoluta de 5Kms:
As inscricións dos atletas populares faranse a través da pasarela de pago insertada na páxina online da Federación Galega de Atletismo www.fgatletismo.es/inscripciones/inscripcion_20120715.html Estará operativa dende as 10:00 horas do 25 de xuño ata ás 10:00 horas do 11 de xullo de 2012. Non se aceptarán inscricións fóra de prazo.
Cuota da inscripción: 5 € para atletas non federados. Regulamento Circuito

Compartir: