Campionato de Europa: Lolo Penas competirá en 5000 e 10.000 metros

Ultima Hora: O atleta galego Manuel Penas, seleccionado na proba de 10.000 m.l., tamén participará mañá na final de 5.000 ao causar baixa por lesión o leonés Sergio Sánchez. Penas desprazouse hoxe á capital finlandesa en vez de mañá día 27 que era cando estaba previsto, ao xurdir esa posibilidade xa que tamén estaba inscrito en 5.000 m.l., tal e como indica o regulamento, aínda que finalmente só poidan participar tres atletas como máximo por país. Web

Compartir: