Resultados

Monforte acolle a Concentracion do sectores de saltos e valos

O estadio municipal da Pinguela en Monforte foi o escenario elixido para o desenvolvemento da concentración de saltos e valos para atletas xuvenís e cadetes. Á fronte desta os responsables dos sectores, Vicente Veiga e Santiago Ferrer así mesmo participaron entre outros, adestradores como Julio Ventín, Antonio Paz, Pablo Gandoy ou Julio Santiago. Bo ambiente ao longo das sesións celebradas nas que se planificou a realización de varias sesións técnicas xunto cun control técnico. Entre os atletas que acudiron á convocatoria xóvenes promesas do noso atletismo que nunhas semanas se enfrontarán aos seus respectivos Campionatos de España: Saleta Fernández homenaxeada recentemente polo Concello de Monforte pola súa traxectoria, Claudia Rojo, Sara Pino, Francisco Rodriguez e Aitana LeguiÇano entre outros. Para concluír a concentración realizáronse uns test de 100 valos, salto de lonxitude e salto de altura que permitiron os adestradores comprobar o estado de forma dos atletas e xunto coas sesión realizadas, correxir aspectos técnicos das disciplinas.

Compartir: