Campionato Galego por equipos Benxamin, Alevín e Infantil

Sensacional o rendemento das categorías inferiores do Club Vila de Cangas que no Campionato Galego por equipos logrou subir ao podio aos 6 equipos das categorías benxamín, alevín e infantil. O Campionato desenvolveuse en xornada de mañá nas Pistas de Atletismo de Riveira. Ampla participación dos equipos femininos que no caso da categoría infantil foron once os Clubs que presentaron equipo. O programa constaba no caso dos benxamíns de 7 probas: 50 m.l, 500 m.l, 1000 m.l, peso, lonxitude, 1 km marcha e o relevo 4 x 50. Na categoría alevin as probas foron 60 m.l, 500 m.l, 1000 m.l, peso, lonxitude, altura, 2 km marcha e o relevo 4 x 60. Por último na categoría infantil os equipos tiñan que defender dez probas: 80 m.l, 80 m.v, 500 m.l, 1000 m.l, lonxitude, altura, peso, xavelina, 3 km marcha e o relevo 4 x 80. Os vencedores finais foron, en categoría benxamín feminino e masculino o Club Vila de Cangas, en categoría alevín feminino o Atletismo Barbanza, en alevín masculino o Club Vila de Cangas, en infantil mulleres o Franciscanos de Lugo e en homes o Atletismo Noia. En canto aos resultados destacar o duelo entre Nerea Perelló e Noa Ramírez en salto de altura, logrando dúas marcas importantes como son os 1.40 de Nerea e os 1.36 de Noa. En lonxitude infantil bo salto de Carlota Novoa que venceu con 4.49. Na proba de marcha Antía Chamosa non encontrou oposición nos seus rivais e venceu con claridade nos 3 km marcha cunha marca de 15.36.74. Por último destacamos a clara vitoria de Adrián Vázquez nos 1000 m.l con 2.53.27. En resumo boa participación neste campionato galego no que destacou o bo ambiente entre os clubs participantes e o apoio do público aos máis pequenos, premiando o seu esforzo. Resultados

Compartir: