O Consello Superior de Deportes publicou nestes días o listado de deportistas españois que obtiveron unha beca de axuda ao deportista escolar. Neste importante grupo de deportistas, figuran dúas das nosas atletas, Claudia Rojo e Iria Rodriguez, esta última atleta obtivo a beca pola modalidade de natación, outro dos deportes que practica paralelamente ao atletismo e no cal tamén destaca.
Nesta convocatoria participaron centos de deportistas de todalas modalidades deportivas e de tódalas comunidades autonómas, finalmente a Comisión Técnica elexiu a 222 deportistas que obtiveron as máximas puntuacións nos distintos parámetros que se avaliaban. Noraboa para Claudia e Iria, e tamén para os seus adestradores e familia! (Resolución)