Resultados

Cto. Galego junior e promesa. Belén Toimil nova mellor marca galega no lanzamento de peso

.Belén Toimil converteuse na protagonista do Campionato Galego júnior e promesa que se celebrou en Ourense. Escasa participación principalmente na categoría promesa, non obstante a opción de competir fora de concurso a algúns dos nosos mellores atletas permitiu ver probas interesantes. En lanzamento de peso Belén Toimil lograba un novo record galego júnior cuns sensacionais 15.33 que a sitúan á fronte do ranking nacional e reflicte a súa progresión nos últimos anos. Belén tamén vencía na proba de disco cun mellor lanzamento de 45.13. (Resultados) (ir a noticia ampliada)

Destacamos a vitoria de Samuel Paz que nesta oacasión se decantou polos 400 metros lisos con 48.79 o que fai que actualmente teñamos dous atletas promesas, Samuel e Enrique Prego por debaixo dos 49 segundos. Destacable é tamén a tempada que está a realizar o atleta do Club Riazor Coruña Carlos Moro, onte vencía nas probas de 200 metros lisos en categoría júnior con marca persoal 22. 52 e os 110 valos con 15.40. Rodrigo Avellaneda vencía con claridade nas dúas probas de velocidade con 11.05 e 22.00, o seu compañeiro de equipo Alejandro Rios gañaba a proba júnior dos 100 m.l con 11.66. Nos 800 metros lisos dez atletas tomaron a saída vencendo na proba Fran Diaz con 1.56.29 sendo Sergio Rodríguez o primeiro atleta júnior en cruzar a línea de meta con 1.57.70, fora de concurso participou o atleta xuvenil Miguel Otero que fixo 1.57.52. Dous atletas do Club Atletismo Narón vencerian nas probas de 1500 m.l e 3000 metros obstáculos, Santiago Garcia e Sergio Piñon. Na proba de salto de altura mellor marca da tempada para David Barrera con 1.88 e para Santiago Ferrer con 1.83. En triplo salto fóra de concurso participou Alfonso Palomares que estivo preto da súa mellor marca, saltou nesta ocasión 15.60 vencendo na proba júnior Kevin López, que xa habia gañado a lonxitude, e Alberto Elena na categoría promesa. Nos lanzamentos o protagonista foi o atleta do San Narciso, Adrian Estevez que vencia en lanzamento de disco e lanzamento de peso. Borja Barbeito gañaba a xavelina con 62.29. Por último polo que se refire os homes destacamos a proba de 5000 metros lisos en que Alvaro Gamundi e Manuel Martinez foron os campions galegos pero o ritmo da carreira puxerono outros atletas que competian fora de concurso, gañou Alejandro Fernández con 14.07.84, seguido de Manuel Hurtado con 14.21.32 e Carlos Villamor con 14.31.61, bo test de 5000 para estes atletas

Nas probas femininas ademais de Belen Toimil destacamos a Paula Ferreiros do Lucus que gañaba os 200 m.l con 26.07 e en salto de altura quedou a tan só dous centímetros da súa mellor marca, nesta ocasión saltou 1.73. Nos 800 m,l o ritmo marcouno Iria Castro sendo a vencedora Leticia Fernández con 2.15.38. Nos 1500 m.l gañaba Esther Navarrete con 4.40.74 e Jenny Fernández foi a primeira atleta júnior. Antia Martínez faría a mellor marca das atletas júniors en 100 m.l con 13.45 e posteriormente gañaba os 100 valos con 15.47. Nos 400 metros lisos fóra de concurso houbo dúas marcas interesantes, Esperanza Caldas lograba o seu mellor rexistro da tempada con 57.69 e Laura Garcia corria en 58.58. Tamén fóra de concurso Sandra Carballo melloraba a súa marca de salto con pértega deixándoa en 3.40. En lanzamento de xavelina Lidia Parada vencía a proba con 45.53 o que a converteu en Campiona Galegoa da categoría júnior.

En resumo o máis destacado deste Campionato é a progresión de Belén Toimil que é o futuro do lanzamento de peso a nivel nacional, con posibilidade de acudir o mundial junior e que pouco a pouco vaise achegando ao record galego de Angeles Barreiro feito en 1992

Compartir: