A primeira en competir foi Leticia Fernández Barbosa, 3ª clasificada na serie B,
mellorando o seu rexistro persoal en 4.26.96 e rebaixando en 4″ a súa plusmarca, deste xeito Leticia sitúase 1ª do Ránking Nacional Promesa de 1.500ml. Posteriormente o turno foi para Solange nunha
impresionante carreira de “menos a máis” deixou o seu mellor rexistro sendo tamén MMP en 4.14.07. Sendo desta maneira a 1ª e 2ª do Ranking Galego Absoluto Solange e Leticia respectivamente.
Nos 5.000ml o arzuano Lolo Penas fixo unha intelixente carreira, sen excederse no ritmo marcado polos atletas africanos e na última volta plantou cara ao Subcampión do Mundo indoor de 3.000ml,
Sergio Sánchez, sendo 2º Español en cruzar a liña de meta cuns magníficos 13.31.20. Lolo participará nos vindeiros Europeos de Helsinki na proba dos 10.000ml na que é o actual Campión de España,
estará acompañado na capital Finesa por Ayad Lambdassen e Carles Castillejo.
O último en pisalo tartán do estadio Iberoamericano de Huelva foi o Marinense Victor Riobó, que despois da súa operación do tendón de aquiles, reaparece nunha carreira de nivel, na busca da mellor
posta a punto de cara a tempada de Aire Libre e o Campionato de España Absoluto o 25 de Agosto. Riobó correu sempre á cola nunha carreira a ritmo endiablado na que gañou Álvaro Rguez. nuns
fantásticos 3.34.47 e segundo o sub23 David Bustos en 3.34.77 Victor Riobó fixo bo o seu pronostico segundo os adestramentos e parou o crono en 3.48.04 Resultados