Publicada a Selección Galega Absoluta que participará no Cto. de España de Federacións en Barcelona

No día de onte publicouse a Circular 43-2012 correspondente á Selección Galega Absoluta que participará no Campionato de España Absoluto de Federacións. O evento terá lugar en Barcelona o día 16 de xuño, este ano presenta como novidade un cambio no regulamento, sendo a puntuación final conxunta (homes e mulleres) e participando todas as comunidades autonónomas no mesmo campionato, desaparecendo así o Cto. de Federacións de 2ª categoría. O equipo galego ten algunhas baixas importantes, pero tamén leva un equipo moi competitivo ca presenza de destacados atletas galegos. A Federación Galega de Atletismo realizou un esforzo económico importante e levará a todos os membros da selección en avión ata Barcelona, co fin de establecer unha viaxe máis cómoda para os nosos atletas. (Circular 43-2012)

Compartir: