Resultados

O Campionato Galego alevin, benxamin e infantil por equipos celebrarase en Riveira

O Concello de Riveira amosou o seu interese en acoller o Campionato Galego benxamín, alevín e infantil por equipos. Este campionato que estaba previsto para Ferrol cambiouse de sede por motivos alleos a esta federación. O concelleiro de deportes do Concello de Riveira, mostrou, unha vez mais, o seu apoio á promoción do atletismo na súa localicade. Riveira xa acolleu en numerosas ocasións a organización de probas do programa XOGADE, carreiras populares, concentracións de tecnificación e agora asumirá un Campionato Galego federado que acollerá a máis de 500 nenos e nenas de toda Galicia.

Compartir: