Resultados

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CLUBS

De novo temos diversos Clubs Galegos competindo no Campionato de España de Clubs con distintos obxectivos. O Ourense Academia Postal e a Sociedade Gimnástica de Pontevedra en homes loitarán pola permanencia en División de Honra en Burgos, con homes importantes como son Gustavo Dacal e Manuel Uriz na xavelina, nos 200 m.l Jean Marie Okutu, José Alfonso Palomanes no triplo salto e Victor Gallego no peso. Ana Peleteiro será unha das atletas destacadas do Club Ria Ferrol que loitará pola permanencia en Valladolid, xunto a ela no equipo galego será interesante ver a Lidia Casal nos 200 m.l nos que recentemente fixo unha marca de 25.02 e a Lidia Parada. O A.D.A.S de homes mostrouse moi forte nos anteriores encontros, nesta ocasión xunto co Real Club Celta de Vigo pelexarán polo titulo en Alcorcón, entre os integrantes, homes nun grande estado de forma como Enrique Prego (49.65 en 400 m.l), Ismael Costas nos 800 m.l e David Gómez nos 110 metros valos. En Eibar competirán polo titulo de primeira división as mulleres do Ourense con Leticia Fernández como mellor marca nos 1500 m.l, Leticia Gil na lonxitude e Alba Fernández nos 400 valos. Tamén en primeira división pero pola permanencia pelexarán os seguintes clubs: o Lucus con Paula Ferreirós nos 400 m.l e Marta Lolo en triplo salto, o Atletismo Feminino Celta con Esther Navarrete nos 3000 m.l e o Club Atletismo Afflelou Narón con Mauro Triana, Rodrigo Avellaneda, Samuel Paz e Miguel Pérez. Por último recordar que en segunda división competirán as mulleres da Sociedade Ximnástica de Pontevedra. Mais información

Compartir: