Resultados

Campionato Galego Infantil

Disputouse o pasado vinteseis de maio o Campionato Galego Escolar da categtoria infantil, centos de nenos e nenas desprazaonse ata as pistas de centro galego de tecnifacion deportiva en Pontevedra.
A protagonista da xornada foi a atleta de atletismo cuntis, Antia Chamosa, que na carreira conxunta de 3 km marcha, quedou a menos de un segundo de bater o record galego que ela mesma posuia, conseguindo a primeria posición da xeral, detrás dela entraron os seus compañeiros de club Brais Prieto e Noa Ramirez.
Nos cento cincuenta metros lisos homes, Anteneh Agullo do Coruña Comarca, a priori favorito veuse sorprendido na final polo atleta do Manuel Suarez Marquier Ivan Carnero que gañou cun resistro de 19.71.
Pero Antenen finalmente conseguíu o medalla de ouro na proba de cincocentos metros liso, cunha marca de 1.18.74
A atleta dp Atletismo Porriño Iria Rodríguez tamen subiria duas veces o podium o acadar a medalla de ouro nos cincocentos metros, con 1.18.12 e a medalla de prata nos centocincuenta, a gañadora de esta proba foi Miriam Otero.
Esta atleta tamen conseguiu o subcampeonato nos douscentos metros valos, so sendo superada por Laura Gonzalez do Ourense atletismo Academia postal
Nos douscentos metros valos homes o gañador foi Adrian Vazquez, prata para Abraham Rodríguez e bronce Anxo Jose Martinez.
No tocante os lanzamentos, disco de 800gramos; peso de 3kg; xavelina de 500 e martelo tamen de 3 kg, boa participación en todos eles tanto en homes como en mulleres.
Interesante duelo no salto de altura entre Pablo Rial do Salustiano Rey Eiras e Juan Bembibre do Carlos Casares, finalmete o campionato foi para o primeiro cun mellor salto de 1.43.
En triplo salto mulleres, o campionato xa se decidiu no primeiro salto, no que tanto Carlota Novoa, ouro con 9.79 como Andrea de Paz, prata con 9.62 o conseguiron no seu primeiro intento.
Mais facil o tivo a atletla do Ourense Academia postal, Elena Freiria, que cun excelente salto de 4.83 metros vencia con claridade na lonxitude.
En resumo un boa participación con algunha marca destacada neste Campionato Resultados

Compartir: