O equipo do San Narciso de Marín (Pontevedra) formado por Nagore Acuña,
Tania Carballo, Lucía Cardesín, Carlota Cerqueiro e Angela Pousada lograron a mellor clasificación nunca antes conseguida nas 7 edicións deste torneo, desputado durante o sábado 26 de Maio na
localidade Granadina de Motril.
O equipo masculina de Galicia, o colexio Santiago Apóstol de Soutomaior (Pontevedra) acadou unha meritoria 11ª plaza, dado que acudiu con nenos de 9-10 anos sendo de primeiro ano e competindo a un
altísimo nivel contra equipos formados por nenos de 11-12 anos. Este colexio asegura un bo futuro para o seu equipo nas vindeiras ocasións que se clasifiquen para o Torneo Nacional.
Na fase de grupos, pola mañá, o San Narciso de Marín Feminino, obtivo moi bos resultados nas probas de Xavelina branda, Lanzamento de Balón medicinal, 10x10m e saltos laterais. O que lle permitiu
estar durante toda a xornada pelxeando os postos cabeceiros do seu grupo.
Foron xa os relevos, as probas que decidiron, e non sen emoción, dado que ao final o San Narciso gañou a xornada de mañá por tan só 0.5ptos sendo o equipo de Mérida-Extremadura o seu directo
perseguidor.
Desta maneira lograron clasificarse para loitar polos postos do 1º ao 4º na fase final disputada pola tarde.
Xa aquí, repetíronse as 10 probas do programa, os 2 relevos e o Grand Prix final. Acadando a 4ª posición final coa que, sumada a boa actuación do equipo Masculino do Santiago Apóstol de Soutomaior,
GALICIA estivo moi dignamente representada neste Torneo Nacional.
Felicitacións aos participantes e a os seus adestradores e profesores.