Resultados

Torneo Nacional Xogando ao Atletismo

Os días 26 e 27 de maio celebrarase en Motril a fase final do VIII Torneo nacional xogando ao atletismo dirixido á alumnos de educación primaria. Entre os equipos clasificados, en mulleres o Colexio San Narciso de Marín e en homes o Colexio Santiago Apóstol de Soutomaior, serán os representantes da nosa comunidade autónoma clasificados na fase previa que se celebrou o 12 de abril. O Pavillón Municipal de Deportes de Motril é o escenario elixido para disputar o torneo que se desenvolverá mediante dúas fases, unha clasificatoria (con 5 probas de concurso e dous de relevos) e outra final. O venres levarase a cabo unha reunión técnica cos delegados de todos os centros escolares e o domingo celebraranse diversas actividades complementarias. Mais información

Compartir: