O próximo fin de semana en Arona (Tenerife) celebrarase o Campionato de España de Federacións de Probas Combinadas de forma conxunta coa segunda edición da Reunión Internacional de combinadas. As seleccións estarán integradas por 3 atletas da categoría masculina e tres atletas da categoría feminina, obrigatoriamente ten que haber un atleta júnior por federación en cada categoría. Nesta ocasión os representantes de Galicia serán David Gómez, Santiago Ferrer, Pablo Fernández, Sonia Becerro, Sandra Carballo e Alicia Merino. O Campionato celebrarase no Estadio Antonio Domínguez de las Ameritas o sábado e domingo en xornada de tarde Selección Galega