6 persoas moi vencelladas ao atletismo recibirán este xoves unha distinción ao Mérito Deportivo

A Secretaría Xeral para o Deporte entregará este xoves as distincións ao Mérito Deportivo, no selecto grupo de galardoados atópanse 6 persoas moi vencelladas ao atletismo galego. Estas persoas foron elexidas por un xurado composto por 20 membros en base ao seu curriculum profesional e deportivo. Atopamos nesta lista ao Presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, pola súa xestión de mais de 20 anos no atletismo galego e pola súa condición de atleta olímpico, María Abel e Ánxeles Barreiro, tamén olímpicas e atletas con grandes hazañas en importantes campionatos, Luisa María García, atleta internacional 15 veces campiona de España, Gregorio Pérez Rivera, Título Póstumo Fundador da Federación Lucense de Atletismo, José Manuel Rodríguez Díaz, un dos primeiros atletas galegos en adestrar na residencia Blume formando parte da selección española.

O acto terá lugar este xoves ás 19:30 horas no Paraninfo da Universidade da Coruña. Dende a FGA felicitamos a estas persoas que tanto fixeron polo atletismo galego! (Listado de homenaxeados)

Compartir: