A Asociación Galega da Fibromialxia, sindrome de fátiga crónica e sensibilidade química con motivo do dia mundial da Fibromialxia organizou xunto co Concello de A Coruña e a Federación Galega de Atletismo a segunda edición da Milla Popular Acofifa. Numerosos atletas quixeron apoiar esta iniciativa na que competiron nenos e nenas das categorias prebenjamin, benjamin, alevin e infantil. Os vencedores nestas probas foron, Iago Garcia, Marta Vilas, Julian Vazquez e Maria Orro. Na proba de xuvenís homes o vencedor sería Brais Dominguez. A carreira para as categorias sénior e veteranos transcurria por un circuíto entre a zona da Marina e o Obelisco. Dende o inicio Sergio Piñon, atleta do Club Atletismo Narón, con resultados destacados en cross e en 3000 m.l parecía o home máis forte da proba, logrou a vitoria cun tempo de 4.36 por diante de Xabier Diaz e Jesús Carballo. Por categorias os vencedores serían, Sergio Piñon na categoria sénior/absoluta, Jesús Carballo en veteranos A, José Manuel Fernández en veteranos B. En canto á proba de mulleres a vitoria foi para Leticia Vela con 6.40, Pilar Marquiz subiría ao podio na categoria de veteranas B e Isabel Brea na de veteranas C. Pretendiase con esta iniciativa concienciar a xente sobre a fibromialxia así como fomentar a participación e integración de persoas afectadas, nun contexto lúdico. Resultados