Cto. Galego Xuvenil;Excelente Ana Peleteiro! Mellor marca Espa�ola Xuvenil con 13.50 metros!

: En Cangas no transcurso do Campionato Galego Xuvenil Ana Peleteiro logrou cunha marca de 13.50 en triplo salto un novo record galego, e mellor marca española xuvenil. Impresionante o concurso da atleta adestrada por Abelardo Moure, que realizou cinco saltos por enriba dos 13 metros nunha das súas primeiras probas na tempada de aire libre. A atleta da Agrupación Deportiva da Barbanza eclipsou coa súa actuación o resto de atletas que a pesar diso lograron rexistros destacados nalgunhas probas.
En velocidade dous atletas do Club Coruña Comarca foron os máis rápidos en 100 m.l y 200 m.l, Patricia Carballo non encontrou oposición para vencer cun bo rexistro de 12.37 no hectometro e con 25.51 nos 200 m.l, novo record galego xuvenil que ela misma posuia. Na carreira masculina dos 100 m.l, as semifinais xa presaxiaban unha boa e disputada final, esta non defraudou e a vitoria foi para Mauro Triana con marca persoal 11.02 que o coloca entre os mellores velocistas galegos e a solo dos centesimas do record galego. Este mismo atleta imporiase sen dificultade nos 200 m.l con 22.99. Nos 400 valos a vitoria foi para Javier Otero del Club Marineda Atlético que mellorou a marca que posuía e vencia cun tempo de 59.17. Nos 800 m.l a proba feminina tivo unha clara vencedora, Laura Rosende que se adaptou con facilidade a esta proba no seu primeiro ano de xuvenil. Na proba masculina, con bastante participación a carreira foi táctica sen ningún atleta decidido a poñer un ritmo forte, o paso polo 400 cubriuse en 1.06 o que fixo que os ataques se iniciasen no último 300, o máis rápido foi José González que se impuxo ao favorito Miguel Otero que foi terceiro. No triplo salto masculino a vitoria foi para Anxo Blanco con 13.24.
Xa na xornada de tarde os 1500 m.l masculinos volveron a ser tácticos pero nesta ocasión Miguel Otero sí mediu a suas forzas para vencer cun rexistro de 4.46.26, na proba feminina a gañadora sería Eva Cid. Nos 400 m.l superioridade de Juan José del Rio que gañaba a proba co 51.87 mentres que en mulleres Aida Amoedo, con marca persoal impoñiase a Eugenia Gil, Aida logrou un rexistro de 59.42. Na lonxitude Pablo Modia lograba un mellor salto de 6.43 suficiente para vencer na proba. No salto feminino se repetirían as posicións do triplo salto sendo primeira Ana Peleteiro con 5.64 e Marta Lolo segunda con 5.30. Nos valos curtos a vitoria foi para o favorito Miguel Pérez con 14.45 mentres que na proba feminina venceria Aitana Leguicano con 16.28, esta atleta gañaría os 400 valos con 1.07.41.
En canto aos lanzamentos os protagosnistas foron: Ana Izquierdo que gañaria a medalla de ouro en peso (12.75) e en disco (36.63), Martin Liste vencedor en disco e xavelina e Pablo Castro que vencia no peso cuns excelentes 15.78 e era segundo en disco. Sergio Paredes con 59.63 impoñeriase con claridade na proba de martelo.
Nas probas de fondo vitoria nos 3000 m.l, sen oposición de Carmela Cardama con 10.23.82 e Nerea Ruanova nos 5000 m.l, na proba masculina dos 3000 ml impoñeriase Ayoub Nagihi con 9.24.30 e nos 500O m.l Marco Antonio Pascual con 18.13.44 nun sprint apertado con David Vila e Guzman Goméz.
Nas probas de 5 e 10 kilómetros marcha demostrouse de novo o excelente nivel dos nosos atletas nesta disciplina. Na proba feminina os tres primeiros postos foron para o presente e o futuro da marcha galega: Eva Iglesias (23.25.41), Rocio Carbia(25.01.03) e Mar Chillón (25.06.93). Nos 10 kilómetros o gañador sería Francisco Durán (45.47.31), seguido de José Fernández (46.28.54) y Rodrigo Dominguez. (47.47.21)
En resumo unha protagonista, Ana Peleteiro, que con toda a tempada por diante, demostrou cun concurso impecable e unha mellor marca de gran nivel que é o futuro do triplo salto nacional e sitúase coas mellores do mundo da súa categoría. Resultados

Compartir: