O INEF Galicia homenaxea a Escola de Lanzamentos

O bo traballo ao longo de moitos anos do adestrador Raimundo Fernández, non só se ve recompensado a nivel de méritos deportivos, senón que tamén deu froito para que a Facultade de Ciencias do Deporte da Universidade da Coruña (coñecida como INEF Galicia) faga unha importante homenaxe á Escola de Lanzadores de A Coruña. Os actos comezaron o pasado día 7 de maio cunha conferencia maxistral do adestrador titulada “Avances de la planificación del entrenamiento”, mañá día 9 de maio habrá unha exhibición de lanzamento de xavelina e será o acto oficial de homenaxe ao director da escola e as seus atletas, e do día 20 de abril ao 20 de maio está tendo lugar unha exposición audiovisual no INEF de fotografías, recortes de prensa e proxeccións audiovisuais. Dende a FGA sumámosnos a este homenaxe e dámoslle os nosos parabénsa Raimundo Fernández e os seus atletas!

Compartir: