Onte presentouse a obra -La construcci�n del deportista desde la infancia-

Preto de 30 persoas achegáronse onte á Sala Ámbito Cultural de El Corte Inglés para presenciar a presentación da obra publicada polo profesor e Secretario Xeral desta federación Víctor Arufe. O acto foi presidido polo presidente da FGA o olímpico Isidoro Hornillos Baz. Tras a presentación da traxectoria académica, investigadora e profesional do autor, este pasou a expoñer brevemente a temática da obra, incidindo na necesidade de establecer as estratexias necesarias para evitar os abandonos tempranos e crear unha maior adherencia ao adestramento deportivo. Asemade afirmou que o traballo psicomotriz feito nas idades de 3 a 7 anos é clave para mellorar o rendemento deportivo futuro dos deportistas, pois todo este traballo outorgaralle unha bagaxe motriz importante capaz de afrontar a ensinanza técnica das distintas modalidades deportivas futuras. Numerosos medios de comunicación fixéronse eco da noticia, e esta noite ás 21:00 horas Vtelevisión fará unha entrevista en directo ao autor. O libro está a venda inicialmente nas tendas El Corte Inglés e na web da editora www.sportis.es, proximamente tamén estará nas principais librerías e en formato ebook.

Compartir: